venres, 29 de xullo de 2016

Final de curso

E como todo o bo ten un final, este foi o final do noso paso por 1º de primaria. Partimos cara 2º cunha mezcla de emocións: contentos porque estamos de vacacións, felices de pasar a segundo, pero tristes porque remata un ano no que desfrutamos moito!

Para mostra... un vídeo! O noso paso por 1º foi tal que así:


Lip Dub - "Quérote máis"

E chegou o día que esperabamos: o día de grabar o noso primeiro LIP DUB! Esperamos que vos agradase tanto coma a nós!


Expertas en BAILE

As nosas compañeiras Daniela Celard e Uxía foron as nosas expertas en baile, e trouxeron unha coreografía ensaiada entre as dúas que desfrutamos moito vendo!



 Aquí están!





E por se o dubidabades... si, claro que nos animamos a probar esa coreografía!! Aquí nos tedes:




NON NOS QUEDA MÁIS QUE AGRADECERLLE A ESTAS DÚAS BAILARINAS PROFESIONAIS O BEN QUE O FIXERON E O QUE DESFRUTAMOS BAILANDO CON ELAS!

Expertos en FÚTBOL

Pois parece ser que temos unha clase chea de expertos en fútbol!! Os nosos compañeiros Izan, Enzo, Rodrigo, Xián e Alain foron os encargados de explicarnos como se fan regates, se tiran penalties, se sacan córners...




Lanzamento de penailties:





Saques de esquina:




E tamén se lanzaron a ensinarnos como celebrar un gol!


Practicaron remates de cabeza...



E por último ensaiaron distintas xogadas!






Para rematar coa experiencia, xogamos un partidos todos e todas!






MOITÍSIMAS GRAZAS AOS CINCO POR A VOSA CLASE MAXISTRAL SOBRE FÚTBOL!

Experto en SQUASH

Juan demostrounos que era o squash, e por que lle gustaba tanto. Ningún de nós sabía nada do squash antes de que Juan nolo ensinara, así que puxemos toda a nosa atención:



Primeiro de nada, ensinounos a raqueta que se usa neste deporte, que a pesar de ser moi similar á do tenis, non é igual de todo.


Logo fixo un par de lanzamentos, pero é tan bo, que nun dos primeiros lanzamentos a pelota foisenos para o tellado e quedamos sen ela.





TODO UN DESCUBRIMENTO ESTO DO SQUASH! MOITÍSIMAS GRAZAS, JUAN!