sábado, 30 de abril de 2016

Intercambio co CEIP Antonio Palacios

Os nenos e nenas de 1ºB fixemos un intercambio de materiais e cartas cos nenos e nenas de 1ºA do CEIP Antonio Palacios de O Porriño. Fíxonos moita ilusión que nos mandasen un paquete, que nos chegou este venres. Por suposto, viña con remitente e selo...



Ao abrilo, atopamos varias cartas, sobres, un rollo e unha foto do grupo coa súa mestra Giovanna.



Ao abrir o primeiro sobre, había unha carta de Giovanna dirixida a todos nós:



No segundo sobre había unha carta dos nenos e nenas do Antonio Palacios dirixida a nós:



Logo había unha carta na que nos retaban a facer unha actividade, e as instrucións para realizala:



Así que nos puxemos mans á obra! A nosa tarefa consistía en realizar un mural xuntando de cada neno/a de Porriño tres cousas: unha foto co seu nome, un debuxo feito por cada un, e un bocadillo no que se describían brevemente. Logo tiñamos que facer outro mural-calendario coas fotos dos meses do ano e os nenos e nenas que cumplen cada mes. Aquí estamos neso!









Ao rematar o mural, este foi o resultado! 



Sobra dicir o ben que o pasamos, canto aprendemos sobre este grupo de estudantes de O Porriño, e o que imos desfrutar pensando que contestarlles e mandarlles a eles!



Deixámosvos aquí o enlace ao blogue "Pequenos Detectives", o blogue de aula dos nenos e nenas de 1ºA do CEIP Antonio Palacios, por se lle queredes botar un vistazo a tódalas cousas que fan coa súa súper mestra Giovanna,

2 comentarios:

  1. Olaaaa!!, Son unha mamá dos nenos de Porriño. Foi un pracer coñecervos!! Que boa iniciativa tivestes!!! Efectivamente, temos unha gran mestra da que estamos moi orgullosos!!!
    Estamos desexando ver o que ides preparar e saber máis cousas de vós. Unha aperta grande a todos os meniños de Balaídos!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polo teu comentario, Judith. Aquí en Balaídos estamos moi ilusionados pensando que responderlles aos nenos/as de Porriño, e xa tivemos algunha idea que nos agradou moito, e que vai supor todo un reto. Esta semana sairedes de dúbidas!
      Un saúdo.
      Diana

      Eliminar